Blog

PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN DO 0,7% DO IRPF

Convocatoria 2022

Fundación Menela recibiu, ao abeiro da Orde do 23 de agosto de 2022, da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia a cantidade de 96.830,52 euros para desenvolver 8 programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.

DENOMINACIÓN PROGRAMA

CANTIDADE CONCEDIDA

Programas que promoven servizos de respiro, apoio e descanso para familiares e coidadores de persoas con discapacidade.

Programa de respiro e apoio á conciliación da vida familiar e laboral

 

11.800,00 €

Programas dirixidos a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

Promoción da autonomía para a vida adulta independente

 

15.100,00 €

Programas de apoio a persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

Protección social e xurídica a persoas con TEA e familias

 

16.000,00 €

Programas de prevención, identificación, diagnóstico precoz da discapacidade e da atención temperá.

Detección e atención temperá do TEA

 

13.100,00 €

Programas culturais, deportivos e de participación en xeral nos que se favoreza a presenza conxunta de persoas con e sen discapacidade.

Programa de participación comunitaria TEA-Activa

 

14.197,00 €

Programas que favorezan o apoio ao envellecemento activo das persoas con discapacidade.

Envellecemento activo en persoas con TEA

 

9.600,00 €

Programas de atención e apoio ás familias de persoas con discapacidade.

Programa de empoderamento e capacitación de familias de persoas con TEA

 

6.700,00 €

Programa adquisición de subministracións, equipamentos e vehículos que faciliten a presentación de servizos a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade.

Adquisición furgoneta

 

 

10.333,52 €

 


PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN DO 0,7% DO IRPF

Convocatoria 2021

Fundación Menela recibiu, ao abeiro da Orde do 9 de setembro de 2021 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a cantidade de 124.083,32 euros para desenvolver 8 programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.

DENOMINACIÓN PROGRAMA

CANTIDADE CONCEDIDA

Programas que promoven servizos de respiro, apoio e descanso para familiares e coidadores de persoas con discapacidade.

Programa de respiro e apoio á conciliación da vida familiar e laboral

 

12.000,00 €

Programas dirixidos a mellorar a calidade de vida, autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

Promoción da autonomía para a vida adulta independente

 

15.000,00 €

Programas de apoio a persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

Protección social e xurídica a persoas con TEA e familias

 

17.000,00 €

Programas de prevención, identificación, diagnóstico precoz da discapacidade e da atención temperá.

Detección e atención temperá do TEA

 

13.100,00 €

Programas culturais, deportivos e de participación en xeral nos que se favoreza a presenza conxunta de persoas con e sen discapacidade.

Programa de participación comunitaria TEA-Activa

 

9.600,00 €

Programas que favorezan o apoio ao envellecemento activo das persoas con discapacidade.

Envellecemento activo en persoas con TEA

 

9.500,00 €

Programas de atención e apoio ás familias de persoas con discapacidade.

Programa de empoderamento e capacitación de familias de persoas con TEA

 

6.700,00 €

Programa adquisición de subministracións, equipamentos e vehículos que faciliten a presentación de servizos a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade.

Equipamento para Centro de Recursos de Transición á Vida Adulta de persoas con TEA

 

 

41.183,32 €

 


 

PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASINACIÓN DO 0,7% DO IRPF

Convocatoria 2020



Fundación Menela recibiu, ao abeiro da Orde do 21 de setembro de 2020 da Consellería de Política Social, a cantidade de 91.214,08 euros para desenvolver 8 programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas,

Neste marco, e atendendo a individualidade das persoas beneficiarias, Fundación Menela ofrece unha resposta especializada e aborda unha serie de necesidades comúns que se derivan da propia natureza do TEA. O investimento previsto para a súa realización é o seguinte:

 

 

Importe financiado

%

Xunta de Galicia

91.214,08 €

73%

Financiamento Propio

33.228,13 €

27%

IMPORTE DOS PROXECTOS 2020

124.442,21 €

 

 

Os programas financiados a través desta convocatoria pódense consultar aquí.

 


PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASINACIÓN DO 0,7% DO IRPF

Convocatoria 2019  



Fundación Menela, ao abeiro da Orde do 06 de setembro de 2019, da Consellería de Política Social, recibiu a cantidade de 57.639,70 euros para desenvolver 7 programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Neste marco, e atendendo a individualidade das persoas beneficiarias, Fundación Menela ofrece unha resposta especializada e aborda unha serie de necesidades comúns que se derivan da propia natureza do TEA, entre as que destacan as medidas de conciliación e apoio as familias; a mellora da capacidade comunicativa e a socialización de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo; a posta en marcha dunha experiencia de gabinete de apoio, socio-xurídico para que as familias poidan recorrer no caso de dúbida ou cando queiran planificar a seguridade económica e xurídica dos seus fillos/as; a posta en marcha dun servizo de diagnóstico e asesoramento especializado para nenas e mulleres con TEA; creación dun espazo para a interrelación nun medio de xogos e talleres de entretemento; a posta en marcha dun conxunto de actividades de estimulación cognitiva; investimento en novas tecnoloxías, equipos de proceso da información e dotación de redes informáticas..

Os programas financiados a través desta convocatoria pódense consultar aquí.

 


 

PARTICIPACIÓN SOCIAL PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF

 

Fundación Menela desenvolveu, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, o “Programa de Participación Social” có obxectivo de crear espazos de ocio compartido entre persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e os seus irmáns, onde poder desenvolverse física e emocionalmente a través de xogos e obradoiros de entretemento, fomentando a mellora das habilidades sociais e a autonomía persoal.

12 foron os beneficiarios, seis nenos e nenas con TEA acompañados dos seus irmáns, que participaron dunha programación de actividades deportivas, culturais e tecnolóxicas que se desenvolveron en contornas naturais da Cidade de Vigo, e que se complementaron cos xogos que se deseñaron para impulsar o desenvolvemento de habilidades sociais, de autonomía persoal, elección e autodeterminación, e que se levaron a cabo nas instalacións do Edificio CAMI que a Fundación Menela ten no casco histórico de Vigo.

Fundación Menela, para o desenvolvemento do programa, contou coa concesión dunha subvención de 3.000,00 euros destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Consellería de Política Social.

 

Fundación Menela | 30 de setembro de 2020

 

 

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.