PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASINACIÓN DO 0,7% DO IRPF
Convocatoria 2019
Fundación Menela, ao abeiro da Orde do 06 de setembro de 2019, da Consellería de Política Social, recibiu a cantidade de 57.639,70 euros para desenvolver 7 programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Neste marco, e atendendo a individualidade das persoas beneficiarias, Fundación Menela ofrece unha resposta especializada e aborda unha serie de necesidades comúns que se derivan da propia natureza do TEA, entre as que destacan as medidas de conciliación e apoio as familias; a mellora da capacidade comunicativa e a socialización de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo; a posta en marcha dunha experiencia de gabinete de apoio, socio-xurídico para que as familias poidan recorrer no caso de dúbida ou cando queiran planificar a seguridade económica e xurídica dos seus fillos/as; a posta en marcha dun servizo de diagnóstico e asesoramento especializado para nenas e mulleres con TEA; creación dun espazo para a interrelación nun medio de xogos e talleres de entretemento; a posta en marcha dun conxunto de actividades de estimulación cognitiva; investimento en novas tecnoloxías, equipos de proceso da información e dotación de redes informáticas..
Os programas financiados a través desta convocatoria pódense consultar aquí.
PARTICIPACIÓN SOCIAL PROGRAMA DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7% DO IRPF
Fundación Menela desenvolveu, entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, o “Programa de Participación Social” có obxectivo de crear espazos de ocio compartido entre persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e os seus irmáns, onde poder desenvolverse física e emocionalmente a través de xogos e obradoiros de entretemento, fomentando a mellora das habilidades sociais e a autonomía persoal.
12 foron os beneficiarios, seis nenos e nenas con TEA acompañados dos seus irmáns, que participaron dunha programación de actividades deportivas, culturais e tecnolóxicas que se desenvolveron en contornas naturais da Cidade de Vigo, e que se complementaron cos xogos que se deseñaron para impulsar o desenvolvemento de habilidades sociais, de autonomía persoal, elección e autodeterminación, e que se levaron a cabo nas instalacións do Edificio CAMI que a Fundación Menela ten no casco histórico de Vigo.
Fundación Menela, para o desenvolvemento do programa, contou coa concesión dunha subvención de 3.000,00 euros destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionada pola Consellería de Política Social.
Fundación Menela | 30 de setembro de 2020