Blog

SUMANDO CAPACIDADES. FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO 

Superamos barreiras cando conectamos cos intereses formativos e laborais das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo 

SUMANDO CAPACIDADES. FORMACIÓN PARA O EMPREGO DE PERSOAS CON AUTISMO 

Superamos barreiras cando conectamos cos intereses formativos e laborais das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, en relación ás subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2022, concederlle unha subvención a FUNDACIÓN MENELA para a execución do proxecto “SUMANDO CAPACIDADES. Formación para o emprego de persoas con TEA”. 

Os resultados positivos acadados nas edicións anteriores desta convocatoria constituíron o impulso dunha nova edición do proxecto SUMANDO CAPACIDADES, que partiu dunha axeitada planificación e orientación previa sobre a detección de intereses e capacidades das persoas beneficiarias. En base a esta orientación vocacional participaron no proxecto 8 persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro de adultos Castro Navás as cales, durante seis meses meses, realizaron un programa formativo que combinou teoría e práctica para adquirir as competencias necesarias para desenvolver as tarefas na Lavandería Industrial. 

 

Unha vez máis, o proxecto puxo de manifesto que é imprescindible contemplar a posibilidade de que as persoas con TEA poidan acceder a unha formación e a un traballo digno, promovendo as oportunidades e competencias persoais que resulten necesarias para facelo. A experiencia demostrou que as persoas con TEA son uns magníficos traballadores se se atopan nunha contorna laboral favorable que se adapte ás súas necesidades de predictibilidad, estruturación e explicitación de obxectivos a conseguir.  

 

SUMANDO CAPACIDADES contribuiu á sensibilización para promover a igualdade de oportunidade e a facer do dereito á formación e ao emprego unha realidade; un factor esencial que incide na mellora da calidade de vida, o desenvolvemento persoal e a participación plena da persoa con TEA na sociedade. 

 

25 de outubro de 2022 Ι Fundación Menela  

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.