APOIO PSICOLÓXICO A MULLERES CON TEA CON NECESIDADES DE APOIO SIGNIFICATIVAS NA CONSULTA XINECOLÓXICA
APOIO PSICOLÓXICO A MULLERES CON TEA CON NECESIDADES DE APOIO SIGNIFICATIVAS NA CONSULTA XINECOLÓXICA
As mulleres con Trastorno do Espectro do Autismo e Necesidades de Apoio Significativas (alta severidade do trastorno, discapacidade intelectual e trastornos da linguaxe asociados) non acceden regularmente aos controis xinecolóxicos habituais. As dificultades asociadas á condición de ser muller e Autista con NA, súmase a ausencia de apoios axustados na contorna sanitaria, as particularidades sensoriais desta, e a aprendizaxe previa, aspectos que poden dificultar as posibilidades de acceso a unha atención xinecolóxica axeitada, có risco de que enfermidades xinecolóxicas non de detecten a tempo ou non reciban o tratamento axeitado.
O Programa de Atención Xinecolóxica dirixido a mulleres con TEA con necesidades de apoio significativas do Centro de adultos Castro Navás, do que é titular Fundación Menela, contou para a súa implantación có apoio da Consellería de Sanidade e a colaboración do CS Val Miñor. O programa abordou estas dificultades desde un enfoque integral, facilitando os apoios necesarios para a realización de probas xinecolóxicas, e información accesible e comprensible para as mulleres Autistas, e capacitando aos profesionais da saúde así como adaptando a contorna médica.