APOIO PSICOLÓXICO NA ATENCIÓN ODONTOLÓXICA A PERSOAS CON TEA
Con data 19 de setembro de 2018 a Consellería de Sanidade dictou resolución pola que se outorga unha subvención de 7.499,55 euros á Fundación Menela para desenvolver o programa “Apoio psicolóxico na atención odontolóxica a persoas con TEA”
As afeccións odontolóxicas constitúen un problema de saúde en persoas con TEA. Estos pacientes presentan unha hixiene oral deficiente con altos índices de placa bacteriana, o que orixina unha elevada prevalencia de caries e enfermidade periodontal. Ademais, tratamentos farmacolóxicos aumentan o risco de patoloxía bucodental e trastornos estomatolóxicos como os patróns eruptivos irregulares, maloclusións dentarias, parafuncións orais e alteracións do número, morfoloxía e estrutura dos dentes, son especialmente frecuentes.
A todo isto é preciso engadir que as persoas con TEA presentan procesos cognitivos diferentes que dificultan o acceso aos servizos odontolóxicos. As dificultades de comunicación, as dificultades para percibir e expresar estados alterados de saúde, comprender a contorna e os procedementos sanitarios, a inflexibilidade para autorregular emocións e adaptarse a novas persoas, e as dificultades no procesamento sensorial, inflúen nas dificultades de acceso a unha atención eficaz.
A alta incidencia e prevalencia de patoloxías orais unida a especificidade do TEA, a falta de servizos específicos de odontoloxía na provincia de Pontevedra, e aos bos resutados acadados no programa sociosanitario nas últimas dúas edicións, motivaron o programa “Apoio psicolóxico na atención odontolóxica a persoas con TEA”, centrado en proporcionar os apoios necesarios para que as persoas con autismo poidan acceder as exploracións e tratamentos odontolóxicos habituais, e así previr e diminuir a incidencia e prevalencia de patoloxías orais, contribuíndo ao benestar físico e emocional, e a mellora da calidade de vida.
Fundación Menela | 23 de setembro de 2018