loading

Autismo e traballo

En Fundación Menela estamos convencidos de que as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo poden e deben traballar, xa que do traballo depende, en grande medida, o seu dereito a formar parte activa da sociedade e, do mesmo xeito, a súa inclusión social.  A inclusión laboral é, así mesmo, un factor primordial do desenvolvemento individual e da autodeterminación do individuo, que incide directamente na mellora da calidade de vida.

Acceso ao emprego

Así como non todas as persoas con TEA teñen as mesmas características nin capacidades, aínda que todas teñen certas habilidades que lles permiten desenvolver tarefas laborais, existen diferentes vías para acadar un paulatino acceso ao emprego, mediante programas dirixidos a este colectivo. A oferta varía entre os niveis mais protexidos para aquelas persoas con maiores necesidades de apoio, tales como os Centros Ocupacionais, ata o emprego con apoio e o emprego normalizado, destinado a aquelas persoas con maiores competencias cognitivas, comunicativas, ocupacionais e sociais.

Traxectoria

Ao longo da súa traxectoria Fundación Menela ven amosando unha especial atención ao valor do traballo como ferramenta de inclusión social. A posta en marcha do Centro Castro Navás, cunha filosofía baseada na aplicación da actividade ocupacional e pre-laboral ao tratamento dos TEA, foi o comezo dunha frutífera andaina de actividades e proxectos dirixidos a este fin. Desde que en 1998 os proxecto europeos HORIZON II e III deran lugar á constitución da empresa de inclusión laboral CASTRO NAVAS SL, ata as experiencias mais recentes de usuarios do Cento en empresas tan dispares como a Sociedade Cooperativa Algalia, Carrefour, a Universidade de Valencia, Viveiros Adoa, Embarbox ou Coren amosan a importancia que ten para a nosa entidade a promoción do emprego como medio de inclusión das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

  • zxcv

    qwer Centro castro Navas

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.