Actualidade

Fundación Menela participa nas “Xornadas de Calidade e Seguridade do Paciente” organizadas pola Sociedade Galega de Calidade Asistencial e o Servizo Galego de Saúde, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Saúde e Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo é o título da ponencia que ofreceu o director xeral de Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez, quen disertou sobre a ansiedade, presente en case que o 40% dos casos de TEA, e a necesidade da súa abordaxe na práctica clínica. Durante a intervención, subliñou as dificultades das persoas con TEA na achega ao sistema sanitario e incidiu na importancia dun diagnóstico diferencial a nivel orgánico, na coordinación e formación dos profesionais para a comprensión dos TEA, e na implantación de apoios que melloren a accesibilidade cognitiva en espazos sanitarios, como medidas que van a influir nunha atención sanitaria de calidade e no coidado da saúde das persoas con autismo.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.