Actualidade

Visitamos o Pergamiño Vindel

Estando en Galicia exposto o Pergamiño Vindel non podíamos deixar de ir visitalo. É a primeira vez que sae da cidade de Nova York, onde está desde hai corenta anos na Morgan Library & Museum, e chega ao territorio que serviu de inspiración para os seus versos, onde tamén se exhibe por ver primeira.

“Pergamiño Vindel. Un tesoiro en sete cantigas” é o título da exposición do manuscrito que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, e a melodía de sete de elas, que poideron visitar os alumnos do Colexio Menela e usuarios do Centro de adultos Castro Navás.

Por suposto, tamén participamos nas actividades didácticas e visitamos as distintas Salas do Museo do Mar e o Acuario.

Fundación Menela | 15 de febreiro de 2018

 

 

Compartir Pechar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.