Actualidade

VEGALSA visita o Centro Educativo Menela para realizar un Obradoiro de Alimentación Saúdable

O pasado venres 2 de marzo, achegouse ao noso colexio a cociñeira Osi da empresa Vegalsa-Eroski para realizar un obradoiro de alimentación saudable e preparar un delicioso aperitivo con froitas. É unha invitación que nos ofrece o programa que estamos a desenvolver este curso de “FARO DA ESCOLA”, do periódico Faro de Vigo.

Os días anteriores a esta visita, fomos decorando o comedor con paneis, manualidades e recortes de alimentos sans para o corpo. Fíxose moito fincapé nos básicos: froitas, verduras, lácteos, carne e peixe. Insistindo nas diferentes aulas dos moitos nomes de alimentos que ían xurdindo, e a importancia dunha alimentación saudable.

A cociñeira, que era moi acolledora e entrañable, insistía tamén na necesidade de beber auga e facer exercicio físico... aspecto, este último, que lle dixemos que o cubriamos con altas expectativas, xa que lle dedicamos no noso currículo tres días á semana. Nese momento Iago, que é un gran deportista, dicíalle que el tamén xogaba ao tenis de mesa e bádminton.

A actividade, na que participou todo o alumnado do centro, consistiu en que os mozos se puxesen uns mandiles e gorro de cociñeiros para ambientarse, e seguisen a elaboración de “dúas palmeiras na area”, como dicía Osiris. Sobre os pratos e coas froitas que a cociñeira foi repartindo, pelaron e cortaron plátanos en toros para facer os troncos, mandarinas que separarían en cuarteiróns para facer a area, kiwis que cortarían en láminas para facer as follas das palmeiras, e logo as uvas separadas en dúas metades que ían ser os cocos. A verdade é que quedaron uns pratos en grao sumo vistosos. E finalmente o momento mellor... Zampárselo todo!!

Fomos recollendo, colocamos as mesas nos seus sitios, aproveitamos as mondas das froitas para o compost do taller de xardinería e Osiris, magnífica e cariñosa educadora, despediuse con agasallos da empresa Vegalsa e folletos de cores que informaban dunha alimentación adecuada.

Fundación Menela | 5 de marzo de 2018

 

 

Compartir Pechar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.