Actualidade

Traballamos xuntos. Sumamos diferencias.

Proxecto de reforzo da empregabilidade de persoas con autismo

Traballamos Xuntos. Sumamos Diferencias foi o proxecto formativo presentado pola Fundación Menela e un dos 51 seleccionados pola Fundación ONCE no marco da Convocatoria de Axudas Económicas a Proxectos de Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – Ano 2019. 

Traballamos Xuntos. Sumanos Diferencias da resposta á necesidade de xerar unha oportunidade de éxito formativo a persoas usuarias e residentes do Centro de adultos Castro Navás, do que é titular Fundación Menela, que nos fan ver cada día a súa ilusión por aprender e traballar.

Trátase dun programa formativo dirixido a cinco persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada que garante a implementación dun sistema de apoios especializados e individualizados, que impacta non só no desenvolvemento das competencias persoais e coñecementos técnicos requiridos para o desempeño laboral na área de cociña e hostalería, senón tamén no deseño dunha contorna de traballo accesible e axustado ás necesidades de cada unha das persoas con TEA que participan no proxecto. No seu desenvolvemento contamos coa colaboración da empresa Alprinsa S.A.U.

O programa recibiu o apoio da Fundación ONCE por un importe de 20.000€. Estas axudas económicas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil Cofinanciado dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais.

 

19 de maio de 2019
Fundación Menela

Compartir Pechar
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar