Actualidade

Sumando Capacidades
Formación en Habilidades Sociolaborais de Persoas Con TEA

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión de 28 de xullo de 2017, dictou resolución pola que se outorga unha subvención de 5.182,00 euros á Fundación Menela para a execución de Sumando Capacidades, proxecto de formación en habilidades sociolaborais de persoas con TEA.

O emprego considérase unha medio clave na inclusión social, esencial para afrontar a vida adulta con autonomía e independencia, que resulta imprescindible para o disfrute efectivo dos dereitos humanos e liberdades fundamentais. Aquí as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) son un dos colectivos con maiores dificultades de participación comunitaria, acceso á formación e ao mercado laboral.

Sumando Capacidades preséntase como un proxecto formativo dirixido a 8 persoas adultas con TEA e discapacidade intelectual asociada, con necesidades de apoio extensas e xeneralizadas, e competencias para adaptarse a un posto de traballo na Lavandería Industrial Castro Navás.

Cun carácter práctico e baixo a perspectiva de Planificación Centrada na Persoa, ten o obxectivo de favorecer a inclusión sociolaboral de persoas con autismo nun entorno de traballo sensible á innovación na educación permanente e á diversidade, incrementando as súas oportunidades de promoción persoal, profesional e de inclusión social, así como as súas habilidades de autodeterminación e calidade de vida. O seu desenvolvemento comprende un programa de intervención individualizado que abrangue a adaptación do posto de traballo e a formación en habilidades para o seu desempeño, tanto en relación as propias da actividade laboral como habilidades sociais e comunicativas.

Fundación Menela | 10 de agosto de 2017

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.