Actualidade

Programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017

Programa para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017

 

PROGRAMA PARA O FOMENTO DO EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2017

 

 

O Concello de Vigo financia, no marco do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017, o proxecto de Fundación Menela “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”

Fundación Menela recibiu o apoio do Concello de Vigo, cun importe de 11.494,16 euros, para a contratación de persoal, o que permitiu desenvolver “Apoio ás Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo”, un proxecto que ten a finalidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, tanto a nivel psíquico, físico e social, como na súa contorna.

Fundación Menela contou cun Técnico de Xestión Administrativa e un Oficial 1º de Carpintaría, perfis profesionais especializados que, desde as diferentes áreas de actuación, traballaron no deseño de proxectos de captación de fondos e información a familias, e mantemento, reparación e mellora das instalacións da fundación, para proporcionar unha contorna mais saudable para as persoas con TEA e contribuír a mellorar a súa calidade de vida.

Fundación Menela | 10 de xullo de 2017

 

Compartir Pechar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.