Actualidade

Organizamos unha gran paraguada de cores para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade

O domingo 3 de decembro celebramos o Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade. Neste día, 15 entidades sociais da provincia de Pontevedra que traballamos con persoas con diversidade funcional, unímonos á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas. Galiza pola diversidade” nun acto de sensibilización portando paraugas de cores, coa finalidade de dar unha maior visibilidade ao colectivo e representar unha sociedade plural e diversa, que acolla a todos por igual, sen diferenzas, cun mesmo fin e un mesmo desexo de convivencia.

O acto tivo lugar ás 12:00h da mañá no Monumento Julio Verne (Náutico de Vigo) e, durante o mesmo, procedeuse á lectura do Manifesto do CERMI “Sen accesibilidade universial non hai dereitos humanos para as persoas con discapacidade” e os rapaces das entidades compartiron os seus desexos e as barreiras as que se enfrontan no seu día a día para poder acceder e participar nos distintos contextos sociais, da mesma maneira que o resto de cidadáns, e facer así do dereito a accesibilidade universal unha realidade.

Trala intervención dos protagonistas deste día, rematamos a xornada coa actuación do grupo XEROCK Percusión, un proxecto musical moi animado e reivindicativo, coordinado desde o Centro San Xerome Emiliani. 

O acto de sensibilización contou có apoio do Concello de Vigo, Puerto de Vigo e Ezpeleta, así como con diferentes autoridades entre as que destacan o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Educación, Olga Alonso, o deputado provincial da Deputación de Pontevedra, Carlos López, en representación do partido popular do Concello de Vigo, Teresa Ejerique, o alcalde de Nigrán, Juan Antonio González, e a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Baiona, Mª Carmen Paredes.

 

 

Fundación Menela | 7 de decembro de 2017

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.