Actualidade

Obradoiro de Robótica

A creación ten unha implicación global para o desenvolvemento persoal, xenerando beneficios a nivel sensorial, motriz e cognitivo. Partindo desta idea e coa colaboración da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Fundación Menela participou nun Obradoiro de Robótica no que os rapaces e rapazas estimularon a súa creatividade a través do deseño, construción e programación dun robot, dando comezo as actividades enmarcadas no Programa de Lecer do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral (SAI).

O Obradoiro de Robótica tivo lugar nunha aula da Escola de Enxeñería de Telecomunicación do Campus Universitario de Vigo. Impartido por Raúl Rodríguez Rubio, profesor do Grao de Enxeñería de Tecnoloxías da Comunicación, e tres dos seus alumnos, participaron 15 rapaces e rapazas do SAI, de idades comprendidas entre os 12 e 15 anos quenes, ao longo das tres horas de duración da actividade, traballaron en parellas para construir e programar un robot con diferentes función como son os desprazamentos laterais, a activación por so e movemento, etc. rematando a sesión colocando un brazo articulado para encestar unha pelota nunha pequeña canasta.

 

Toda unha experiencia creativa!  

22 de marzo de 2019
Fundación Menela

Compartir Pechar
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar