Actualidade

O PACIENTE CON TEA NA CONSULTA DE ODONTOLOXÍA

“O paciente con TEA na consulta de odontoloxía” é o título das accións formativas que se desenvolveron no marco do convenio de colaboración subscrito por Fundación Menela e o Instituto Dental Campos para a execución do programa “Apoio psicolóxico na atención odontolóxica á persoa con TEA”, financiado pola Consellería de Sanidade. 

Un total de 11 profesionais do Instituto Dental Campos de Vigo presentes no proceso de atención á familia e á persoa con TEA na consulta de odontoloxía (recepción, exploración e intervención), participaron na formación especializada en atención aos pacientes con TEA impartida os días 12 e 13 de xullo pola psicóloga da Fundación Menela, Ana Moure Arias. 

O programa formativo permitiu achegar a estes profesionais a un coñecemento máis profundo e realista acerca do que é o Trastorno do Espectro do Autismo, coñecer aquelas características que poden afectar á exploración e á intervención nos servizos de odontoloxía, adquirir estratexias que facilitan unha atención axustada ás demandas e necesidades, reflexionar sobre a atención que se está a dar neste momento no ámbito sanitario, e establecer un protocolo de atención ás persoas con TEA na clínica odontolóxica, dende a recepción do paciente ata que remata a intervención. 

Compromiso Social Instituto Dental Campos

Organiza

 
Colaboran


Fundación Menela | 16 de xullo de 2017

 

 

Compartir Pechar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.