Actualidade

O Centro Educativo Menela constrúe o seu nautilus e o comparte có Colexio Losada de Vigo

Os alumnos do Centro Menela tiveron a oportunidade de participar no Programa Julio Verne do CPR Plurilingüe Losada de Vigo. Para conmemorar o 150 aniversario da chegada do famoso personaxe capitán Nemo no seu Nautilus á ría de Vigo, pareceunos oportuno construír un gran submarino no obradoiro de reciclaxe de papel e levalo con moito coidado á exposición sobre Julio Verne que tiñan no Centro Losada. Así compartimos cos alumnos de 3º da ESO unha xornada de mañá moi entretida.

Comezamos facendo un xogo de “Pasapalabra” cun rosco que poñía o nome do curioso submarino, animándose os rapaces de Menela a facer preguntas sobre o tema aos alumnos do centro que nos acollía. Preguntas como “comeza por N: Nome da cidade onde naceu Julio Verne” ou “comeza por I: cousa que tiña Verne na súa cabeza cando escribiu “Vinte mil leguas de viaxe submarina”?, e moitas máis ata completar o simbólico “rosco”. Houbo moitas risas e chivatazos de respostas pero foi divertido.

Os rapaces Andrés, Adriana, Cristian, Iria, Dani e Xosé saudaron encantados Andrea, una antiga profesora do Centro Menela que actualmente é profesora de Pedagoxía Terapéutica neste colexio.

Os alumnos de ambos centros intercambiaron preguntas sobre coñecementos e experiencias sobre como son as persoas con autismo. Expresaron en primeira persoa sentimentos, gustos e peculiaridades sobre as súas vidas dunha maneira natural e espontánea. Mesmo Andrés e Adriana ofrecéronse a mostrar a súa habilidade en artes plásticas debuxando, sobre cartolinas na parede, un perfecto Nautilus e un curioso capitán Nemo.

Grazas ao cole Losada por convidarnos! Fundación Menela ǀ 30 de maio de 2018

 Fundación Menela ǀ 30 de maio de 2018

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.