Actualidade

Ledicia Costas e Andrés Meixide visitan o Colexio Menela

A escritora galega Ledicia Costas e o debuxante Andrés Meixide visitaron, o pasado 2 de febreiro, o Colexio Menela. Nesta ocasión, o comedor do centro foi o escenario escollido para transformalo por un día na casa da Señorita Bubble; un decorado feito polo alumnado que deixaba ver os singulares personaxes do libro e “pompas de sorrisos” que caían de todo o teito.

Estes dous últimos meses estivemos lendo nas nosas aulas o seu fantástico libro "A señorita Bubble", o cal tivemos que adaptar un pouco por ser o vocabulario extenso para o noso alumnado. Mesmo traducimos 5 capítulos con pictogramas ARASAAC, o que facilitou a súa lectura. "A señorita Bubble" está tan ben escrito e é tan imaxinativo, que pronto se interesaron os mozos polos personaxes que saían, ademais cos debuxos tan próximos e creativos de Andrés Meixide, foi mais fácil o seu gusto por esta lectura.

Ledicia é unha persoa cun carisma moi próximo e amable que fixo que a xornada fora moi empática. Pola súa parte, Andrés ensinou ao alumnado a debuxar os personaxes que saían no libro, debuxando eles á vez como en espello dos seus movementos cós rotuladores... que pintores todos!!! Os mozos e mozas maiores fixéronlle entrevistas a Ledicia que publicaremos máis adiante no noso "Faro da Escola", e rematamos a mañá cun merecido café con biscoitos, e con firmas de Ledicia e Andrés en moitos exemplares de "A señorita Bubble" de alumnos e profesores.

Fundación Menela | 2 de febreiro de 2018

 

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.