Actualidade

Ímonos o cine

Os pasados días 3 e 9 de maio, a pranta baixa do Edificio CAMI transformouse nunha pequeña sala de cine que acolleu a un total de 30 nenos e nenas do SAI e aos seus amigos. Small Foot e Los Goonies foron as películas elixidas polos mais cativos da Fundación Menela para gozar dunha tarde de cine. 

Proxectáronse dúas películas para satisfacer os gustos dos máis cinéfilos, que acudiron ás sesións seguindo os dous grupos organizados por idades de 4 a 7 anos e de 8 a 13. 

As sesións gratuitas estiveron adaptadas. As proxeccións respectaron as necesidades de volume, iluminación e da liberdade de movemento dos nosos esixentes espectadores. E como en calquera sesión de cine, non faltaron as palomitas e os refrescos! Algo previsto, xa que cando se inscribiron na actividade se lles fixo entrega dun sobre con dúas entradas, e dous vales para canxear o propio día do cine.

Imonos ao cine! enmárcase no Programa de Lecer dirixido aos nenos, nenas e adolescentes do Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral da Fundación Menela. A actividade permitiu aos rapaces gozar unha tarde de cine nun entorno comprensible, fomentando as relación cos iguais e o disfrute do lecer e a cultura.  

10 de maio de 2019
Fundación Menela

Compartir Pechar
Las cookies facilitan la prestación de nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, usted acepta que utilizamos cookies.
Más información De acuerdo Rechazar