Actualidade

Fundación Menela participa no programa de Turismo e Termalismo do IMSERSO

 

Fundación Menela participa no programa “Turismo e Termalismo para Persoas con Discapacidade” do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) que, coordinado pola Confederación Autismo España, ten o obxectivo de facilitar o disfrute vacacional en entornos inclusivos.

A localidade de Arnoia, en Ourense, foi o destino elixido para gozar dunha fin de semana de lecer, saúde, cultura e natureza. Do 12 ao 14 de maio, trece persoas usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás, acompañadas por unha coordinadora e seis profesionais especializados na atención a persoas con TEA, acercáronse ao Arnoia Caldaria Hotel Balneario para disfrutar dunha ampla gama de actividades, dos beneficios das súas augas e da pureza deste entorno natural. A estadía completouse cunha viaxe en catamarán polo Cañón do Sil, e paseos por outros lugares de interese como o casco histórico da cidade de Ourense.

O lecer é un recurso importante para o desenvolvemento persoal e un aspecto fundamental na calidade de vida das persoas con autismo, de aquí a importancia de dar continuidade a iniciativas que contribúen a mellorar as oportunidades de participación e inclusión social. Nesta edición 2016-2017 do programa de Turismo e Termalismo, Fundación Menela contou coa colaboración da Asociación de Familias do Centro Castro Navás, facendo posible que o dereito ao ocio, recoñecido na Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, sexa unha realidade.

Fundación Menela | 16 de maio de 2017

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.