Actualidade

Finaliza o proxecto Fisioterapia e Integración Sensorial en persoas adultas con TEA

Finaliza o proxecto Fisioterapia e Integración Sensorial en persoas adultas con TEA

O pasado mes de decembro finalizou Fisioterapia e integración sensorial en persoas adultas con TEA, un proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra ao amparo da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco de prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2015.

Fisioterapia e integración sensorial en persoas adultas con TEA é un programa de carácter socio-sanitario que, durante un período de 6 meses, impulsou a intervención fisioterapéutica e a intervención nas dificultades de integración sensorial que presentan persoas adultas con TEA usuarias e residentes do Centro de Día e Residencial Castro Navás, do que é titular a Fundación Menela.

Intervir sobre as alteracións físicas e motoras, sensoriais e perceptivas mais frecuentes en persoas adultas con autismo, sen esquecer a abordaxe das dificultades de comunicación, relacionais e emocionais asociadas aos TEA, foi o obxectivo que guiou o traballo realizado pola fisioterapeuta, psicomotricista e as persoas referentes das persoas con TEA, contribuíndo a unha maior calidade de vida.

Compartir Pechar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.