Actualidade

Fin de Curso no Colexio Menela

O alumnado do Centro de Educación Especial Menela celebrou, o pasado mércores 22 de xuño, a súa festa de fin de curso, un día cargado de diversión para todos os rapaces, profesionais e familias do centro.

A xornada comezou nas instalacións do Mundo Pirata Park, onde os rapaces gorazon dos hinchables xigantes, tobogáns, camas elásticas e piscinas de bolas celebrando, a continuación, un xantar festa xunto ao profesorado para despedir o curso e dar a benvida ao verán.

Este ano foi moi especial, xa que celebramos o 40 aniversario do Centro Menela. Por este motivo, organizamos un pequeno acto, ao que acudiron moitas familias para acompañarnos, no que dous dos alumnos fixeron unha pequena representación lida, percorremos murais con fotografías e mensaxes moi emotivos dos pais e nais e onde, o Director Xeral de Fundación Menela, Cipriano Luís Jiménez, puso a guinda final cun discurso sobre as oríxes e comezos da andaina do Centro Menela.

Moitas grazas a todos e todas por estos 40 anos, e feliz verán.

Fundación Menela

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.