Actualidade

Día Internacional da Síndrome de Asperger

18 de Febreiro ǀ Día Internacional da Síndrome de Asperger

Hoxe, 18 de febrero, celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger e, por este motivo, queremos promover a concienciación social arredor do TEA e reivindicar o exercicio efectivo dos dereitos de todas as persoas que forman parte deste colectivo, compartindo ideas clave que nos axudan a comprender e as principais reivindicacións recollidas na Estratexia Española en TEA.

Coñecer para Comprender

  • A síndrome de Asperger está incorporado na definición de TEA. Segundo os criterios que establece o DSM 5 identificaríase baixo a denominación de “TEA sen déficit intelectual acompañante” ou “TEA sen discapacidade intelectual asociada”.
  • A denominación social de síndrome de Asperger mantense por unha cuestión identitaria e polo sentimento de pertenza que poden presentar as persoas que, nalgún momento, foron diagnosticadas baixo esta categoría.
  • No caso do TEA sen discapacidade intelectual asociada, ou síndrome de Asperger, as principais características na área da comunicación social maniféstanse en relación á comprensión e manexo dos aspectos verbais (interpretación de significados non literais da linguaxe, pragmática…) e non verbais (contacto ocular, xestos, postura corporal, etc.) da comunicación, e no seu uso social (comprensión de situacións sociais, manexo de relacións interpersoais, resolución de conflitos, etc.). No ámbito da flexibilidade do pensamento e do comportamento, preséntanse patróns restrinxidos, estereotipados e repetitivos de intereses e condutas, que fan que para a persoa sexa difícil adaptarse de maneira flexible ás demandas cambiantes da contorna.

Reivindicacións para as persoas con Síndrome de Asperger

  • Mellora na detección e identificación temperá das súas características, có obxectivo de acceder canto antes a un diagnóstico especializado e aos apoios específicos que precisa a persoa.
  • Garantir o acceso e goce dunha educación individualizada, inclusiva e de calidade en todas as etapas educativas, incluíndo as postobligatorias (formación profesional, ensinos universitarios...).
  • Favorecer unha educación libre de bullying e acoso escolar, garantindo a prevención, identificación e intervención especializada que o faga posible.
  • Promover o acceso ao emprego e o desenvolvemento da carreira profesional, favorecendo a sensibilización e implicación do tecido empresarial e garantindo os recursos de apoio individualizados que precise cada persoa. 
  • Favorecer o goce da vida independente, asegurando os apoios que cada persoa precise para facelo posible. 
  • Promover a saúde, especialmente en aspectos relacionados có benestar emocional e a saúde mental, favorecendo o goce da calidade de vida e o afrontamento positivo das demandas da contorna.
  • Garantir a inclusión social, así como o acceso e goce de todos os recursos, bens e servizos da comunidade, favorecendo o deseño universal e a accesibilidade dos mesmos (especialmente en aspectos relacionados coa accesibilidade cognitiva).
  • Promover a formación e capacitación de diferentes sectores profesionais en relación ás necesidades das persoas con TEA sen discapacidade intelectual asociada, especialmente en aspectos relacionados coa detección e o diagnóstico precoz, a educación, o emprego, a saúde e a vida independente.

Fundación Menela
18 de Febreiro de 2019
#DíaInternacionalAsperger

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.