Actualidade

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

10º Aniversario da Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade

“Traballemos xuntos en pro da participación plena e en condicións de igualdade das persoas con discapacidade nun mundo inclusivo e sostible que acolla a humanidade en toda a súa diversidade” Mensaxe do Sercretario Xeral das Nacións Unidas, Ban-Ki-moon

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Fundación Menela participou en diferentes actos para a defensa dunha sociedade diversa e inclusiva na que os estigmas deixen paso ao convencemento de que a diversidade é un valor que enriquece.

Ao longo desta semana, Fundación Menela sumouse a campaña de sensibilización #persoas conforTEAlezas promovida pola Federación Autismo Galicia. Andrea Cervantes, Andrés da Silva (CEE Menela), Marta Alonso e Adrián Márquez (Centro Castro Navás), xunto con outras 9 persoas con autismo das asociacións Aspanaes, Apacaf e Capaces-Lugo, deixáronse seducir pola cámara e atenta mirada dos fotógrafos Esteban de la Iglesia e Manu Suarez, permitíndolles capturar momentos especiais que quedaron reflectidos no calendario 2017 "Un espectro, múltiples capacidades" que pode descargarse en autismogalicia.org

Menela participou tamén na II Xornada da Federación Galega de Deporte Adaptado. Os alumnos do CEE Menela e usuarios do Centro de Día e Residencial Castro Navás acercáronse ao complexo deportivo de As Travesas en Vigo, onde gozaron dunha xornada multideportiva marcada pola intensidade e a emoción durante a participación en actividades como bádminton, remoergómetro, tenis mesa, fut 3x3, futlbolín humano, tiro, obradoiro de chapas, xogo da ra, boccia, slalom, petanca, bolos celtas, futbol 7, ciclismo adaptado e basket SR.

Por último, Castro Navás tinguiuse de verde para unirse a campaña Latiendo por Ti do Centro Juan María, participando na sesión de cine “La Historia de Jam” e no foro que tivo lugar no Auditorio do Concello de Nigrán para conmemorar o 10º Aniversario da Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade; un foro no que o centro aportou a súa experiencia no desenvolvemento de iniciativas formativas e laboráis para persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo, pondo en valor o traballo como un dereito e como un indicador na Calidade de Vida das persoas con discapacidade.

Vigo, 3 de decembro de 2016
Fundación Menela

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.