Coñecer para Comprender, Día Internacional sobre a Síndrome de Asperger
Fundación Menela súmase á celebración do 18 de febreiro, Día Internacional sobre a Síndrome de Asperger que, baixo o lema “Coñecer para Comprender” promovido por Autismo España, ten como obxectivo dar visibilidade ao colectivo de persoas con Síndrome de Asperger e promover o exercicio efectivo dos seus dereitos e o das súas familias.
No día de hoxe queremos compartir o último número da revista Maremagnum “Achegas sobre a Síndrome de Asperger”.
Compartir
Pechar