Actualidade

Castro Navás en ruta coa DEPO

Castro Navás en ruta coa DEPO

Castro Navás participou no programa “En ruta coa Depo”, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra. Un total de 54 persoas adultas con TEA do Centro de Día e Residencial Castro Navás, acompañados por 28 monitores de atención directa, gozaron, a través desta iniciativa, dun fantástico día de lecer no que se achegaron a lugares emblemáticos da provincia de Pontevedra.

Pola mañá visitamos a Granxa de Briz ou Parque dos Sentidos en Marín, un lugar paradisíaco que ten a súa orixe na antiga Granxa da Costa dos monxes de Oseira. Diversos instrumentos de percusión, numerosas especies frutais, xardineiras que ofrecen un fermoso contraste de cores, unha secuencia de pavimentos de diferente textura e unha variedade de especies florais que alagan o lugar de singulares cores, guiáronnos nunha viaxe polos cinco sentidos.

Tralo xantar, no que recibimos a visita da deputada de deportes, Chelo Besada, disfrutamos dunha atractiva ruta pola Senda do Lérez en Pontevedra, unha área onde abundan os carballos, os castiñeiros e a vexetación de ribeira, e onde pequenos carreiros da antiga ruta de pescadores se internas nos chamados salóns do Lérez, zonas nas que o río se remansa e discorre en calma.

"En Ruta coa Depo" é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra.

Nigrán, 26 de outubro de 2016
Fundación Menela

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.