Actualidade

Bankia, no marco do programa Red Solidaria, apoia con 7.875 euros o proxecto “Aportando Valor” da Fundación Menela

  • Fundación Menela desenvolve Aportando Valor, un proxecto formativo en habilidades socio laborais dirixido a oito persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada, usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás (Priegue - Nigrán), do que é titular Fundación Menela.
  • Bankia orienta a súa acción social hacia proxectos locais e cercanos aos seus centros de traballo propostos polos seus propios empregados.
  • A entidade financieira apoiou 245 proxectos sociais en 2016, a través do programa Red Solidaria, por un importe global superior a 1,4 millones de euros.

Vigo, 20 de febreiro de 2017.- Fundación Menela recibiu o apoio de Bankia, por un importe de 7.875 euros, para desenvolver “Aportando Valor”, un proxecto de formación en habilidades sociolaborais dirixido a oito persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás (Priegue - Nigrán), con competencias para adaptarse ao posto de traballo de auxiliar de cociña. O presente proxecto é unha continuidade do iniciado no pasado ano no marco do programa Red Solidaria 2015. Unha valoración positiva do mesmo, atendendo a criterios de produtividade, adquisición e consolidación de habilidades e satisfacción coas actividades realizadas xustificou a súa continuidade.

O proceso de formación en habilidades sociolaborais tivo lugar no propio posto de traballo, cociña e comedor do Centro Castro Navás. Durante os meses de marzo e setembro meses tres monitores traballaron habilidades comunicativas, habilidades sociais, funcións executivas e habilidades da vida diaria. A adquisición de habilidades laborais, aptitudes e hábitos laborais; e aspectos relacionados coa seguridade no traballo e manipulación de alimentos, así como o aprendizaxe tarefas básicas (auxiliares) e complexas (preparación de comidas) propias do posto de auxiliar de cociña, completaron este proceso formativo.

O proxecto Aportando Valor é totalmente consistente cos conceptos de empoderamiento, inclusión social, dignidade e respecto á persoa, aspectos craves para valorar a calidade do servizo prestado. Alprinsa - Ausolán valorou moi satisfactoriamente a produtividade alcanzada e o traballo realizado. Pola súa banda, o equipo interdisciplinar do Centro Castro Navás ratifica a valoración feita pola empresa Alprinsa - Ausolán, sinalando tamén a adquisición, desenvolvemento e consolidación de habilidades sociais e laborais e a satisfacción mostrada, a nivel de desenvolvemento emocional e persoal, por parte dos oito beneficiarios, así como dos profesionais que lles apoiaron e acompañaron no proceso de ensino-aprendizaxe.

Para concluír, Aportando Valor contribuíu a favorecer a inclusión sociolaboral nun medio ordinario de traballo, incrementando as oportunidades de promoción persoal, profesional e inclusión social, así como as habilidades de autodeterminación e calidade de vida.

A aportación de Bankia enmárcase no seu programa Red Solidaria polo que, as súas oficiñas, conseguen apoiar un proxecto social cercano, que elixen a principios de ano, se logran alcanzar os seus obxectivos de negocio no conxunto do exercicio.

No ano 2016, un total de 245 proxectos recibiron o apoio económico por mais de 1,4 millóns de euros grazas ao programa do banco, o que favoreceu a mais de 74.980 persoas en todo o ámbito nacional.

Fundación Menela e Bankia puxeron en marcha o proxecto Aportando Valor, deseñado para desenvolverse nas instalacións do Centro de Día e Residencial Castro Navás (Piegue-Nigrán), contando coa colaboración da empresa Alprinsa S.A, responsable do cátering do centro. O obxectivo do mesmo é favorecer a inclusión de oito persoas adultas con autismo nun medio ordinario de traballo, incidindo na aprendizaxe de habilidades sociolaborais e procesos de traballo centrados en tarefas de auxiliar de cociña; todos eles aspectos que promoven o desenvolvemento persoal e profesional, e indicen positivamente na autonomía e independencia, e na mellora da calidade de vida das persoas con TEA.

Esta iniciativa implica un compromiso social compartido, có que logramos produtivas todas as potencialidades, motivacións, fiabilidade, resistencia e tenacidade das persoas con TEA, que achegarán á sociedade máis do que ata agora fomos capaces de ofrecerlles a eles.

Red Solidaria

O programa Red Solidaria iniciouse en 2013 e, desde entonces, trata de recoñecer o esforzó dos empregados no logro de obxectivos de negocio a través do apoio de proxectos sociais cercanos, propostos polos propios empregados, co obxectivo de que a acción social do banco se desenvolva nas localidades onde estea presente.

Deste modo, a entidade apoia as asociación, fundacións e ONG que desenvolven programas de acción socia nestas zonas e que xeneren un impacto local perceptible polos seus clientes e empregados.
Neste caso, os empregados da Dirección de Zona de Bankia en Galicia escolleron, de forma conxunta, apoiar o proxecto “Aportando Valor” de Fundación Menela obtendo unha dotación económica de 7.875 euros grazas ao cumprimento dos seus obxectivos de negocio.

Fundación Menela

Fundación Menela, entidade de iniciativa social clasificada como benéfico - asistencial e de interese galego, é titular dunha Rede de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia que traballa coa misión de “contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e defender a súa dignidade como cidadáns, dando resposta ás necesidades específicas ao longo de todo o seu ciclo vital”.

Trala constitución en 1989 asume a titularidade, en 1998, do Centro de Educación Especial Menela, referente no campo da atención especializada a nenos e nenas con TEA na Comunidade Galega e que xa iniciara as súas actividades no curso 1976/77. En 1993 inaugúrase en Nigrán o Centro de Día e Residencial Castro Navás para persoas adultas con TEA. A principios desta década, no Edificio CAMI ponse en marcha o Servizo de Diagnóstico e Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral, o Servizo de Respiro Familiar e o Centro de Formación, homologado pola Consellería de Traballo e Benestar para impartir de formación ocupacional.

Dentro da Rede inclúese a empresa de inserción laboral Castro Navás SL, que nace en 1998 coa finalidade de favorecer la inclusión sociolaboral de persoas con TEA e, en 2006, a Fundación Tutelar "Camiño do Miño". Completa esta Rede a nova Residencia para Persoas Maiores con Discapacidade e Dependencia.

www.menela.gal  www.bankia.com  www.enaccion.bankia.com www.blogbankia.es

Fundación Menela | Vigo, 20 de febreiro de 2017

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.