Actualidade

Bankia, no marco do programa Red Solidaria, apoia con 10.000 euros o proxecto “Aportando Valor” de Fundación Menela

▪ Fundación Menela desenvolve Aportando Valor, un proxecto formativo en habilidades socio laborais dirixido a persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), usuarias do Centro Castro Navás, do que é titular Fundación Menela.

▪ Bankia orienta a súa acción social hacia proxectos locais e cercanos aos seus centros de traballo.

▪ Bankia apoiu 197 proxectos sociais en 2015, a través do programa Red Solidaria, por un importe global superior a 1,25 millones de euros.

Fundación Menela recibiu o apoio de Bankia, por un importe de 10.000 euros, para desenvolver “Aportando Valor”, un proxecto de formación en habilidades sociolaborais dirixido a oito persoas adultas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), usuarias do Centro de Día e Residencial Castro Navás, con competencias para adaptarse ao posto de traballo de auxiliar de cociña. A aportación de Bankia enmárcase no seu programa Red Solidaria polo que, as súas oficiñas, conseguen apoiar un proxecto social cercano que elixen a principios de ano se logran alcanzar os seus obxectivos de negocio no conxunto do exercicio.

En 2015, 197 proxectos recibiron o apoio económico por mais de 1,25 millóns de euros grazas ao programa do banco, o que favoreceu a mais de 43.900 persoas en todo o ámbito nacional. Aportando Valor está deseñado para desenvolverse nas instalacións do Centro de Día e Residencial Castro Navás, contando coa colaboración da empresa Alprinsa S.A, responsable do cátering do centro. O obxectivo do mesmo é favorecer a inclusión de catro persoas adultas con autismo nun medio ordinario de traballo, incidindo na aprendizaxe de habilidades sociolaborais e procesos de traballo centrados en tarefas de auxiliar de cociña; todos eles aspectos que promoven o desenvolvemento persoal e profesional, e indicen positivamente na autonomía e independencia, e na mellora da calidade de vida das persoas con TEA.

Esta iniciativa implica un compromiso social compartido, có que logramos produtivas todas as potencialidades, motivación, fiabilidade, resistencia e tenacidade das persoas con TEA, que achegarán á sociedade máis do que ata agora fomos capaces de ofrecerlles a eles.

Red Solidaria

Red Solidaria trata de recoñecer o esforzo dos empregados no logro de obxectivos de negocio, apoiando proxectos sociais cercanos, propostos polos propios empregados, co obxectivo de que a acción social do banco se desenvolva nas localidades onde esta presente. Deste modo, a entidade apoia as asociación, fundacións e ONG que desenvolven programas de acción socia nestas zonas e que xeneren un impacto local perceptible polos seus clientes. Neste caso, os empregados da Dirección de Zona de Bankia en Galicia escolleron, de forma conxunta, apoiar o proxecto “Aportando Valor” de Fundación Menela.

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.