Actualidade

Así celebramos o Día Mundial de concienciación sobre o autismo!

“I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”

Promover un achegamento ao autismo desde unha mirada diferente, positiva e respectuosa coa diversidade. Este foi o principal obxectivo da campaña “I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo” que promoveu Autismo Europa neste 2019, e á que se sumou Fundación Menela para conmemorar o 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Tanto o lema como o logo da campaña representaron os conceptos de:

  • Diversidade: porque todos somos diferentes e estamos unidos na nosa diversidade. Cada persoa con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) tamén é diferente ás demais, e ten unhas capacidades e unhas necesidades concretas.
  • Fortaleza: a cohesión do movemento asociativo do autismo é fundamental para poder prestar os mellores servizos e apoios ás persoas con TEA e as súas familias.
  • Unidade: mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias só é posible se todos traballamos xuntos: o colectivo, organizacións, os profesionais, a Administración Pública e a sociedade no seu conxunto.

Con motivo desta conmemoración, Fundación Menela organizou dous actos na cidade de Vigo:

Acto Institucional

Un ano mais, o Auditorio do Concello de Vigo foi testigo do acto institucional da Fundación Menela. Un encontro, único e especial, que reuniu diferentes miradas baixo unha identidade común: as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias. 

O acto comezou coa intervención do director xeral da Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez, quen nos trasladou aos inicios e traxectoria da entidade “Autismo Europa nace en 1983, Autismo España en 1994 e Autismo Galicia en 1995. O Colexio Menela nace en 1976 con tres nenos, ninguna experiencia e sen saber ben como tratalos. Si tiñamos paixón polo saber (un dos lemas da fundación), moita dedicación e traballo”. De seguido, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, apoiou a reivindicación efectiva dos dereitos fundamentais das persoas con discapacidade e, mais en concreto, das persoas con TEA

Durante o acto, escoitamos as voces de Andrés, Xoxé, Juan Carlos, Adriana e Iago quenes, coa súa naturalidade e espontaneidade, compartiron con todos nós as súas vivencias, experiencias, sonos e inquedanzas en torno a tres aspectos moi relevantes nas súas vidas: o dereito e a importancia da educación especializada para as persoas con TEA, o traballo real, produtivo e significativo que permite o desenvolvemento persoal, e a accesibilidade cognitiva, a comprensión facilitada dos entornos onde as persoas vivimos e convivimos.  

Neste día, a lectura do Manifesto estivo a cargo da deputada de Igualdade e concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, a voceira do Grupo Municipal Partido Popular, Elena Muñoz, o voceiro do Grupo Municipal Marea de Vigo, Ruben Pérez e a xefa territorial de Política Social, Marta Iglesias. Sumáronse tamén, en representación das familias da Fundación Menela, Chola Núñez e Paz Alonso. Durante a mesma, reclamaron un diagnóstico precoz, recursos e apoios especializados en todo o ciclo vital, acabar có acoso escolar, medidas que promovan o acceso a un emprego e á vida independente, que se teñan en conta as particularidades do TEA no baremo de discapacidade, contornas adaptadas e comprensibles, poder tomar decisións sobre a súa propia vida, formar parte activa da sociedade e unha maior concienciación social sobre o TEA.

O acto estivo amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás e finalizou cunha representación do símbolo infinito na Praza do Rei que acolleu a todos os asistentes ao acto.

Neste día, Vitrasa e Autocares Lar colaborarán coa Fundación Menela neste acercando aos rapaces e profesionais ao Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Xuntos Sumamos Mais

O 2 de abril, Fundación Menela tamén estivo presente no acto conmemorativo organizado pola Federación Autismo Galicia no Parlamento de Galicia, que contou coa compañía do Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Santalices Vieira, de Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, distintos representantes dos grupos parlamentarios e amigos, e no que se deu voz ás inquedanzas, peticións e necesidades do colectivo das persoas con TEA. 

O sábado 6 de abril, o Salón de Actos do MARCO de Vigo acolleu o acto conmemorativo do Día Mundial do Autismo organizado por Fundación Menela e Autismo Vigo; un acto conxunto para achegar a sociedade o compromiso coas persoas con TEA e avanzar a hacia un futuro mais inclusivo onde se respete e se valore a diversidade.

Trala benvida do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, o voceiro do Grupo Municipal Marea de Vigo, Ruben Pérez, o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez e, en representación das entidades Autismo Vigo e Fundación Menela, Iván Lago e Luís González, procederon a lectura dos doce puntos do manifesto que fixo un chamamento aos futuros membros das institucións e administración públicas para que manifesten o seu apoio ao avance dos dereitos das persoas con Autismo.

O acto finalizou coa construción do símbolo infinito; un infinito de cores que exemplifica que “non existen límites” para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

Reto conseguido! Máis de 350 edificios e monumentos ilumináronse de azul o 2 de abril

No marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o movemento asociativo do autismo marcouse como reto conseguir que 350 edificios e monumentos de toda España se sumaran a iniciativa mundial Light It Up Blue (#lLIUB), promovida por Autism Speaks, e se tinguisen de azul na tarde-noite do 2 de abril, en solidaridade coas persoas con autismo e as súas familias.

Neste 2019, 377 edificios e monumentos se iluminaron de azul. Na nosa zona de actuación os Concellos de Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar sumáronse a campaña Light it Up Blue, tinguindo na tarde do 2 de abril as Fontes da Rúa Aragón, e as casas dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar.

Gracias a todos os que fixéchedes “un xesto” polo autismo!

Mellorar a calidade de vida das persoas con autismo é responsabilidade de todos. Por iso, desde Fundación Menela instamos á sociedade galega a “facer un xesto” polo autismo e sumarse á acción viral da campaña “I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”. Foron innumerables as mostras de apoio e solidaridade coas persoas con TEA e as súas familias. As redes sociais inundáronse de fotos e videos de persoas facendo o xesto de infinito.

Concienciación e sensibilización

Nestes días numerosos medios de comunicación nos acompañaron e apoiaron para dar visibilidade ás capacidades e necesidades das persoas con TEA.  Aínda que todos son igual de importantes, compartimos o video da entrevista de Iago Fernández, antiguo alumno do Centro Menela.

https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/04/05/singular-mundo-joven-autista-vigues/2082599.html?fbclid=IwAR0K2bEoFm9eslCzeb2qC0F0NYOcc8ewB81U_dPoefwVEF2gfdYpbpbLLWI

 

¡GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE O FIXÉCHEDES POSIBLE!

 

2 de abril de 2019 | DMCA
Fundación Menela

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.