Actualidade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o Centro Castro Navás no Día Internacional da Síndrome de Asperger

Nigrán, 18 de febrero.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o Centro de Día e Residencial Castro Navás, do que é titular a Fundación Menela, con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger.

A conselleira foi recibida cunha actuación da Orquestra Castro Navás, que interpretou Josephine´s Waltz, para logo visitar e coñecer o traballo que se realiza nos obradoiros terapéuticos a través dos cales se organiza a actividade do centro: elaboración de produtos de agasallo, conservas e marmeladas, lavandería industrial, área agropecuaria, actividades vinculadas á creación e expresión artística, promoción da saúde, atención sociosanitaria e atención logopédica. Durante a mesma, tamén se crearon espazos para intercambiar impresións coas persoas usuarias e profesionais do Centro Castro Navás. 

Durante a visita, a titular do departamento autonómico estivo acompañada polo secretario territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Alfonso Rubio, xefa territorial de Vigo, Marta Iglesias, o xefe de servizo de Dependencia e Autonomía Persoal, Jose Ignacio Martínez, e polo equipo directivo da Fundación Menela.

Fabiola García gabou o traballo realizado por esta entidade no eido da atención á discapacidade. Un esforzo, apuntou, compartido co Goberno galego para conseguir un mesmo obxectivo, que en Galicia ter discapacidade non signifique ter menos oportunidades. Para acadar tal fin, recordou que están en vigor os orzamentos máis sociais da historia da nosa comunidade.

 

Fundación Menela
18 de Febreiro de 2019
#DíaInternacionalAsperger

Compartir Pechar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.