loading

Rede Menela

A Fundación Menela é unha recoñecida entidade de iniciativa social, sen ánimo de lucro e declarada como benéfico-asistencial e de interese galego, que atende ás necesidades das persoas con Trastornos do Espectro Autista e as súas familias desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.

Xunto coa empresa de inserción laboral Castro Navás S.L. e a Fundación Tutelar, “Camiño do Miño” constitúen a Rede Menela de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia.

A Rede de Centros e Servizos da Fundación Menela actúa coordinadamente para dar cum-primento ao obxectivos dos seus fundadores de traballar a prol da calidade de vida das per-soas con Trastornos do Espectro Autista e as súas familias. A súa acción basease en principios e valores propios, que se veñen consolidando ao longo da súa traxectoria:

  • Como organización, Menela aséntase nunha concepción pluridimensional, concibida a partir dos principios de compromiso, liderado e crecemento sostíbel. Establece os seus obxectivos estratéxicos en liña con estes principios e coa súa misión, e oriéntase cara a máxima satisfacción das persoas e familias que utilizan os seus Centros e Servi-zos.
  • Na xestión dos seus equipos, promove os principios de cohesión e o traballo en equi-po, procurando, por medio da formación continua, o máximo desenvolvemento das competencias profesionais a fin de acadar os mellores niveis de calidade e eficacia na atención a usuarios e familias.
  • Como actor social, síntese responsable na defensa dos dereitos das persoas con dis-capacidade e dependencia, concretamente, as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, promovendo unha conduta baseada na ética, na humildade, a transparen-cia na xestión e o emprego eficiente dos recursos que recibe.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.