loading

Programa de Mellora de Habilidades Sociais e Promoción da Saúde

 


PROGRAMA DE MELLORA DE HABILIDADES SOCIAIS E PROMOCIÓN DA SAÚDE

Programa Operativo de Emprego Xuvenil

▪ Fundación Menela recibe unha subvención, por un importe de 49352.8 euros, dirixida a contratación de 5 mozos e mozas desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
▪ Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil.
▪ Durante un periodo de sete meses desenvolverase o “Programa de mellora de habilidades sociais e promoción da saúde” dirixido a 54 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, do Centro de Día e Residencial Castro Navás.

O programa de mellora de habilidades sociais e promoción da saúde está dirixido a 54 persoas adultas có diagnóstico de Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) e necesidades de apoio extensas e xeneralizadas, todas elas usuarias e residentes do Centro de Día e Residencial Castro Navás, do que é titular Fundación Menela.
Promover aprendizaxes funcionais e significativas nos diferentes ámbitos vitais da persoa con TEA que contribúan á mellora da súa calidade de vida, a través da intervención e adestramento de habilidades que se xeneralicen aos contextos naturais, constitúe o obxectivo xeral do servizo.
As áreas mais significativas de intervención e apoio do programa estarán relacionadas coas competencias comunicativas e de linguaxe, promovendo o uso de sistemas aumentativos e alternativos de comunicación nos casos que sexa preciso, as habilidades sociais e de interacción persoal, a autonomía persoal nas actividades da vida cotiá, a promoción de hábitos de vida saudables, a regulación da conduta, a promoción da autodeterminación e o impulso do envellecemento satisfactorio das persoas adultas con TEA.
O programa de intervención para a mellora de habilidades sociais e promoción da saúde terá unha duración de sete meses, contando cun equipo de apoio de cinco mozos e mozas que dirixirán os seus esforzos a atender ás necesidades e empoderar as persoas con autismo, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Fundación Menela | 7 de outubro de 2016
 


VOLTAR

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.