Blog

O TEA

O TEA

Unha das partes máis importantes é necesarias do proxecto COÑECETEA,  e  existencia  dun blog  onde compartiremos os nosos coñecementos, experiencias, materiais, e resolveremos as dúbidas que vaian xurdindo.

A información aquí compartida, excepto opinións ou experiencias persoais, é información recollida da literatura escrita, internet, cursos os que acudimos, a medida que incorporemos dita información compartiremos a fonte da que recollemos.

Comezaremos falando, como non pode ser de outra maneira dos TEA. Imos alá.

O término Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao desenvolvemento neurolóxico e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades na comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta.

O TEA

  • Ten unha orixe neurobiolóxico
  • Acompaña á persoa ao longo de toda a súa vida, aínda que as súas manifestacións e necesidades cambian en función das distintas etapas do desenvolvemento (un exemplo diso é na adolescencia, onde as súas necesidades varían de forma importante debido a gran cantidades de cambios que se producen)
  • Preséntase de xeito distinto en cada caso. Por iso as necesidades individuais son moi heteroxéneas
  • Afecta de xeito fundamental á esencia social do individuo e á súa capacidade para responder adaptativamente ás esixencias da vida cotiá
  • Impacta non só na persoa senón tamén na súa familia, e na calidade de vida de todos os seus membros
  • Require un abordaxe integral das necesidades da persoa, orientado a facilitar apoios individualizados, especializados e baseados na evidencia científica que promovan a súa calidade de vida e o exercicio efectivo dos seus dereitos
  • É unha "discapacidade invisible" no sentido de que non leva asociado ningún trazo na aparencia externa específico, e só se manifesta ao nivel de comportamentos.

 

Fundación Menela | 24 de maio de 2017

 

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.