Blog

 


Programa de Mellora da Calidade de Vida de Persoas con TEA

Con data 21/11/2017 dictouse pola Secretaría Xeral de Emprego, resolución pola que se outorga unha subvención de 19741.12€ á Fundación Menela para a contratación de dous mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e realización do servizo “Programa de Mellora da Calidade de Vida de Persoas con TEA.

Durante 7 meses, dous axudantes non titulados participarán no desenvolvemento do Programa de Mellora da Calidade de Vida de Persoas con TEA dirixido a 64 persoas adultas do Centro Castro Navás, có obxectivo de promover aprendizaxes funcionais e significativas nos diferentes ámbitos vitais, a través da intervención no desenvolvemento de habilidades sociais, de comunicación e autonomía persoal.

Esta axuda, cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo Específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2., ofrece unha oportunidade de adquirir unha experiencia laboral a dous mozos desempregados, ao tempo que permite reforzar os programas e actuación quue a entidade leva a cabo dentro dos seus Plans de Acción anuais.

Fundación Menela Ι 22 de decembro de 2017

 


VOLTAR

Compartir Pechar

Usamos cookies propias e de terceiros. Pode aceptalas pinchando “Estou de Acordo” ou acceder á información adicional clicando “Máis información”.