loading

40 anos de experiencia

Desde 1976, o nome de Menela está asociado á profesionalidade e á entrega dos seus equi-pos ao cumprimento da súa misión en todas aquelas actividades que emprende ou nas que toma parte.

Ao longo dos case que 40 anos que, baixo distintas fórmulas xurídicas, leva de existencia a nosa entidade, a Rede de Servizos da Fundación Menela ven mantendo o seu compromiso coas persoas con Autismo e as súas familias, ben sexa mediante a posta en marcha de cen-tros e servizos que fan posible a mellora da súa calidade de vida e so seu benestar, ou ben servindo nas tarefas de incidencia social, poñéndose ao carón do colectivo cando precisa dun instrumento de amplificación da súa voz na loita pola integración e o recoñecemento social que merecen.

Somos unha entidade con clara orientación cara as persoas con Autismo, e esta é a clave que nos define e nos xustifica como organización. A Fundación Menela cre profundamente nas capacidades e no potencial dos individuos, con independencia de clasificacións ou habilidades físicas ou intelectuais, e neste ideario enmarca as súas relacións tanto con usuarios/as como cos profesionais e voluntarios que participan na execución dos seus programas.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.